sábado, 17 de mayo de 2008

Sé lo que hicísteis el último sábado (Día das letras galegas)


Ilustrísimo Sr. Director de Política linguística dá nosa terra: Temos escoitado, polos medios de comunicacion sociais, que están a repartir cartos entre os comercios que empreguen a lingua galega no seus establecementos. Daquela pensamos se sería posible acceder nós a algunha subvención, xa que somos ¡moi comerciantes, todos nós!, e ademais temos un establecemento en internet, a modo de blog, ao que chamamos, a partir de hoxe, "comenta o partidiño".
Non é que pretendamos subirnos ao carro da manduca pública sen sentido, porque sentidiño temos moito e grande. O que sucede é que na nosa actividade falamos moito e moi ben o galego. E contribuímos, deste xeito, a implantar, dunha vez por todas a lingua de Rosalía, de Cunqueiro, de Castelao e de Cuiña en todos os recodos da nosa xeografía. Xa sexa polas boas ou polas malas, nós estamos con vostedes, non como eses intransigentes de "Galicia bilingüe" e demais parvos que prefiren a liberdade de elección. Nós estamos máis polas obrigas que polos dereitos, e sempre á beira dos nosos sabios gobernantes.
Dito isto, cremos que non é mal momento para introducir algunha cantidade coa que comezar as nosas fructíferas relacións, ¿estamos a falar de trescentos mil euros?, por exemplo; ¿ou quizá deberiamos subir algo pola carestía da vida?
Deixamos en suas experimentadas e xenerosas mans ou prezo dá nosa colaboración. E pasamos a expoñerlle a nosa última actividade socio cultural, en galego por suposto.

Sempre seus e moi, pero que moi afectos ao réxime: os peloteiros de "comenta o partidiño".

P.d.: En breve recibirá unha misiva similar da ben afamada "comunidade do viño" (nin que dicir ten que viño das denominacións de orixe admitidas polo goberno do noso imperio).

Ás dez e co portón a medio abrir (marca da casa Ignacio Pérez S.L.) Fadesa mollou a orella a Coren cun contundente dez a dous.



E nisto chegou Cristóbal, "fillo da inmigración". Anxo Pardo saltaba de alegría ao ver que o seu equipo ás andadas volvía (Sr. Director Xeral, tamén lle damos ao verso no noso comercio).



O zurdo de ouro leva sen xogar desde que se foi, pero aínda baixo de forma segue sendo un monstro.



E Tino Lobisome díxolle a Xacobe, logo de rematada a xogada: "Iso e unha meloada, non un pase con xeito".


O equipo funcionou ata no sáquelos de curruncho, clave do último encontro contra Insulai. Iso, e que o garda redes de Coren estaba na chousa, foi máis que suficienta para gañar o partido. Por outra banda Coren está na corda frousa e a piques de estouparse contra o chan, aínda que en declaracións de Xacobe Esteve: "o trenciñas mereceu unhas labazadas". Xa no encontro gritoulle duas veces: “¡¡Tes que mercar lentes!!”, ainda sin recibir o cartón amarelo.



Ás once e cuarto, seguía o portón entre aberto, Repsol gañou por cinco a catro a Promesiñas. Sr. Requeno estes xa non prometen nada, e se prometen non hai quen lles crea. Terceira xornada e terceira derrota. Moito pase a ninguén e pouco máis. ¿Sigo comentando Sr. Requeno? Pois aí vai, maior desorde non se viu xamais, empezando polas camisolas e terminando pola posición no campo. Nin rebentando a Adal, que correu coma se leváseo o demo, conseguiuse superar ao novo Repsol, equipo que está a facerse . . . carallo, que non tiñas en fronte a Wencasfer, nin a Fadesa. Cálome xa.


(Sr. Director Xeral, en Promesiñas temos moitos galego parlantes: está Brais, ¡que me di!, ten un nome ben galego ¿ou non? Temos tamén a Fran, traballando lonxe do país, e mais a Pablo que todo o que fala é normativizado).


E Repsol, aínda non mo creo, o día que atopen as camisetas laranxas será un equipo que mete medo.
Moi ben Manu Capelas, está a facer un traballo excelente, cun poder de convocatoria descoñecido por eses lares; deixa que xa. Ata trouxo ao seu irmán Xoán.
Todo ben: Guzmi moi serio, parece que se arrepentiu; Xose Luís equipado dos pés á cabeza, moi fino; Nacho Amosategui (xúrolle, Sr. Director que é galego aínda que da diáspora, eu lle ví no programa "galeguidade" da TVGa, por suposto); Iván Luqueiro, galego dás illas (da Toxa, como non, Sr. Director Xeral) que fala un perfecto gastrapo e que xoga como os anxos; e Martiño Urrutiña, de moi boa familia, galega de toda a vida. Todos eles comprometidos coa nosa causa.





E ás doce e media, o que ten cu ten medo, Insulai cinco, Wencasfer catro.

Mijel Pardo da Veira e outros compañeiros mártires chegáronse ao terreo de xogo co recordo das dúas vitorias anteriores. Sen esquecer que o rival tiña moito perigo, pero seguros da súa superioridade baseada na súa mocidade.
Entre eles atopábase Xavier Cristobo (Sr. Diretor Xeral, este ademais de ser galego polas catro costas vai a fume de carozo).
Tamén contaban coa presenza do garda meta Xermán Xisbé (dos galegos do Mediterráneo de toda a vida de Deus); e con Anxo Riquiño, magnífico xogador que abriu o marcador do seu equipo cun tremendo disparo que votaba fume (nada sospeitoso de non ser dos nosos Sr. Diretor).
Por suposto hai que nomear a un dos galegos que máis alto chegou, estamos a falar de Xosé Vizoso (loitador ecolóxico contra o Prestige e contra os mentireiros que o afundiron e que apoiaban o chapapote, que moitos vimos aos do PP e a algúns crérigos dando galletas de chapapote aos nenos nos colexios).

No outro bando atopábanse os de Insulai que son todos eles uns trapalleiros e uns mentirosos; vexa vostede, Sr. Diretor que xentuza española, estaban cheos de ira por ser día tan sinalado, e non deixaron de protestar e facer trampas durante todo o encontro (temos a testimuña escrita dun xogador de Wencasfer).

Con eles estaba un tal Xosé Xil Jado, máis falso que un Xudas de plástico, que ha galeguizado ou seu nome pero que aínda así é máis español que os Reis Católicos, e moi sospeitoso de desafecto a nosa causa, xa que ten seis fillos e ningún milita na "Galiza Nova".

Outro fascista da merda é un ao que chaman adestrador, un tal Xoan Caridade (pero non se preocupe Sr. Diretor que o teñen vixiado non traballo os seus compañeiros dá CIGA).

E outro ao que se lle nota, de lonxe, que non é de aquí polo seu nome, Adalberto Carballos que cometeu a desfeita de chamar ao seu primogénito do mesmo xeito.

Un deles, Fernán do Uño, tennos desconcertados, fala pouco e descoñecemos as suas tendencias.

Tamén atopábase Xacove do Soutomaior que ten barba sen afeitar como os nosos compañeiros da UPG, aínda que non engana a ninguén.

Do garda redes xa temos un informe que demustra que tanto el como o seu pai son uns desafectos. E quédanos o último fichaje, o dotor Moureau, que é de orixe francesa, pero polo menos tampouco é español.

Non se preocupe, Sr. Diretor Xeral, que temos controlados aos indeseables. Os demais somos xente que fala de forma natural a lingua "luso normativizada", e a pouca axuda (en cartos) que recibamos falaremos máis e mellor. Saude.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Se me pone la piel de gallina. Algo empieza a cambiar en Galiza desde la llegada del bipartito ¡xa era hora!

Anónimo dijo...

Ya sabes cómo se llaman los que se venden por dinero. En femenino queda mal, y en masculino suena a metálico.
Dale a las bromas, que a lo mejor te lanzan 2000 euros por debajo del ala. Lo has escrito muy bien para no saber nada.
¡E logo temos que dicir "bos días teña vosté Don Xoxé" e os que no o fagan multa 10 euros
Adalberto

Anónimo dijo...

ha vuelto a haber bronquilla esta jornada verdad?

FDO: El Caballo de Troya

Requeno dijo...

Parece que... El miedo ha conquistadoooo, los equipos viejos, heridos y cansados (de perder). Promesas va camino del verano, y eso implicaaaaa que estamos relajados. Este torneo ya es historia y nosotros vamos a la playa. Disfrutar estos momentos, porque ganaremos otro ano. (Letra: Requeno; musicas: Miguel Bose)

Requeno dijo...

Por cierto, y sin animo de ser exhaustivos, nuestros HECHOS son los siguientes:
Equipo con mas campeonatos,
Equipo mas joven (no me refiero a ahora, donde juega cada sabado un equipo distinto, sino antes, cuando jugaban los originales),
Equipo con menos presupuesto, todo lo que tenemos lo hemos pagado,
Equipo mas MAJO (sobran comentarios),

Etc, etc

Por tanto somos como el Madri, el mejor equipo de l historia.
Hala. A disfrutar de nuestra presencia. Recordar que el desprestigio que nos imputan los necios (veanse las cronicas), es solamente el reflejo de una mente frustrada por sus pequenos fracasos (no gana ni lo que organiza).

PROMESAS dixie (y pixie)

Anónimo dijo...

Requeso,lo del presupuesto mas bajo sera si os diesen la equipacion,y como has dicho que os lo habeis pagado todo, eso es que teneis presupuesto.¿no? creo que te contradices buen hombre.

PD:A saber cuanto os han valido las camisetas esas "super fahion guays mega flipis" de NIKE.

Anónimo dijo...

Grazas Sr. Xil Jado polo esforzo de escreber unhas verbas na nosa lingua. Non e doado e require sen dubida un esforzo grande, mais non e valdeiro os que herdamos a maneira de falar dos nosos bisavos, avos e pais damoslle a mais sinceira noraboa, e non so iso senon que o animamos a non parar nesta loita en defensa do galego, unha lingua fermosa, cantareira e nai de grandes cantigas. Saude e sentidiño, por certo alguen coñece un gardarredes?? !cartos non hai¡ mais unha enchenta de viño tinto do pais -de Ourense loxicamente- non lla quita naide.....
Xacobe Esteve

Anónimo dijo...

Bien Santi, tu respuesta es agradable y bien hecha. A mí también me gusta el gallego.Sólo estoy en contra de cambiar el orden establecido históricamente y cambiar la comunicación oficial, la enseñanza; con el objeto de conseguir una cuota de poder, que es lo que está pasando desde hace treinta años.
Es lógico hablar con acento andaluz si vas a asentarte en su tierra, o catalán, o gallego,...siempre que exista esa forma de hablar.
En Galicia se está inventando un idioma, y lo están haciendo bajando la calidad del que había, con la normativación que es deprimente. Y lo inaguantable están eliminando a la lengua española que es la que nos une a todos.
No se dan cuenta que es el principio del separatismo.
Saludos Adalberto

Anónimo dijo...

Como bien dice nuestro presi richi y no requeno, nosotros ya estamos de vacaciones y unos comentarios de nuestros partidos tan tan poco objetivos y poco serios pues no son para hacerle mucho caso, asi que visto lo visto decidimos irnos de vacaciones antes de tiempo, pero eso si, antes de irnos de verdad de vacaciones, ya que en esta liga poco hay que hacer, con ganar los dos partidos a insulae me daré por contento


firma BRAIS uno de los de las camisetas mega guays de NIKE escojidas por mi ;)